Cardoso: «O noso obxectivo é construír un equipo competitivo a cada momento»

Convocatoria: Despois do adestramento de mañá os xogadores coñecerán a lista para o partido

Poucos efectivos no centro do campo: Temos varios futbolistas que poden xogar nesa zona. Temos a posibilidade de poñer a Brais, Jozabed…

Formación: A variedade de futbolistas permitenos cambiar cousas durante o encontro. Non é importante o esquema no terreo de xogo, senon o comportamento e la relación dos xogadores entre líneas.

Acogllida: O club recibiunos dunha maneira estupenda, igual ca ciudade. Sentín moito calor humano. Os chicos traballaron moi ben e percibo que teñen gañas de seguir adiante. O obxetivo era que cada vez que traballásemos xuntos o fixéramios da mellor maneira posible.

Vestiario: Vin todos os partidos en vídeo pero as sensacións sobre o campo son diferentes. Temos un grupo de calidade, pero ao final o importante é o traballo que fagamos xuntos. Un equipo é moito máis ca suma das partes. Teño a certeza que o que lle vai facer mellores individualmente é o traballo colectivo.

Rendemento ata agora: Non é unha cuestión importante agora. O importante é saber cómo imos xogar a partir de agora.

Obxetivos: O noso obxetivo é que o equipo sexa competitivo a cada momento. Que sexa forte e se sinta capaz de gañar todos os partidos.

Real Sociedade: E un conxunto forte que fixo resultados moi bos. Ten xogadores de calidade e seguro que será un partido duro. Gustaríame que fósemos capaces de atopar moito do que adestramos. Se pasa iso estaremos máis preto de traer algo bo de Anoeta.

Ánimo de Pione Sisto: Fixo catro adestramentos moi bos. Todos os internacionais chegaron moi ilusionados e con gañas de facelo ben. Cada día é unha oportunidade nova y significa que hai que adestrar máis forte.

Portería: Non vou desvelar quen xogará. Os porteiros do Celta danme tranquilidade.

Saida de balón: Debemos intentar que os xogadores teñan solucións cando posean o balón. Non lles vou a ensinar a xogar, senon que teño que darlles solucións. A saida de balón a entrenamos moi bien.

Preparación: O equipo traballou cada momento para construir. Quero que se sinta incómodo se non xoga como entrena.

Maxi y Aspas: Neste equipo non hai ningún xogador que teña a titularidade asegurada. Quen adestre mellor estará máis preto de xogar. Temos moitas solucións e estou encantado.