Fran Escribá: “Temos que ser un equipo intenso desde o minuto un”

Convocatoria: temos mañá unha activación antes de ir ao hotel

Araujo: a nivel de volta está fenomenal decidimos que fixese un adestramento máis curto. Está para xogar

Aspas: está en perfectas condicións e está para xogar.

Lateral esquerdo: dixen que as dúas opcións eran Lucas e Kevin e seguen sendo as mesmas

Mentalidade: eu véxoos ben. Son persoas que senten o club, senten o que pasa… Desde ese punto de vista non están no mellor momento anímico pero todos estamos concienciados de sacar adiante esta situación

Volta de Aspas: a nivel de afección e do grupo ten moita importancia o seu regreso.

Importancia do partido: final como decisivo non é, iso é evidente, porque hai puntos suficientes por diante, pero si quero que a mentalidade sexa esa. Quero que pensemos que nos quedan 10 partidos que son 10 campionatos.

Aliñación: vou pór o mellor XI que considere. Non vou pensar nos cartóns ou no seguinte partido.

Emre Mor: adestra mellor. El sabe que ten que dar máis e debe facer autocrítica para axudar ao equipo no que queda.

Rival: coñezo ben ao equipo e teñen un persoal moi completo. É un equipo que debería estar a loitar por posicións de Champions League. Agora están a xogar con defensa de 5 porque son xogadores que se adaptan moi ben.

Clave do partido: a lóxica di que debemos aproveitar o ambiente positivo que xerou a afección e ao mesmo tempo xestionar a ansiedade e a tranquilidade. Vexo partidos moi igualados ata final de tempada e debemos aproveitar os pequenos detalles. Temos que ser un equipo intenso desde o minuto un.

Afección: débenos influír o apoio da xente. Os afeccionados non fallaron en ningún partido e ten que ser moi positivo que se volven co equipo todavía máis.