celebracion-celta-girona-2019.jpg
Celtismo

A previa do RC Celta – Athletic celebrarase dentro do estadio Abanca Balaídos

RC Celta

O RC Celta afronta este domingo un importante partido ante o Athletic Club. Todos os afeccionados celestes e branquivermellos que queiran gozar dunha inesquecible previa marcada polo bo ambiente que existe entre ambas as afeccións poderán facelo desde o interior do estadio Abanca Balaídos.
Os siareiros poderán acceder desde as 11.30 horas e ata as 12.50 horas ao interior da Bancada Siareiros, con vistas ao terreo de xogo, a través da porta 16 de Río Baixo. Así, os afeccionados recibirán aos xogadores sobre o céspede. Para acceder á bancada non será necesario carné nin entrada para o encontro. No interior, un DJ ‘quentará’ o ambiente coa música que de maneira habitual soa no estadio e os afeccionados poderán adquirir ‘choripanes’, perritos quentes e cervexa/refrescos. Tamén haberá un proxector no que se emitirán diferentes eventos deportivos.
Ao termo do encontro ante o Athletic Club habilitarase de novo a zona da Bancada Siareiros para gozar do postpartido ata as 17.00 horas. A gran relación que existe entre o RC Celta e o Athletic Club posibilitou que ambos clubs pechasen un acordo para facilitar 575 entradas para a bancada visitante nos dous estadios a un prezo de 25 euros.
RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas