A previa en 10 datos: Celta-Girona

aspsa_celta_girona_antigua.JPG

 

o Este será o primeiro enfrontamento entre Celta e Girona en Primeira División. As dúas últimas veces que se mediron en Segunda, na 2011/12, os galegos levaron a vitoria sen encaixar ningún gol.

 

o O Girona non foi capaz de marcar ningún gol nos seus dous partidos como visitante na Liga (1D 1E).

 

o O Girona é o equipo da Liga con peor porcentaxe de acerto a portaría esta tempada (31.67%).

 

o O Celta só gañou un do seu últimos oito partidos ligas en Balaídos (2E 5D), 1-0 ante o Alavés.

 

o Se é amoestado, Maxi Gómez sería o primeiro xogador desta Liga en cumprir ciclo de cartóns.

 

o Na pasada xornada, Pione Sisto marco e asistiu nun mesmo partido da liga por primeira vez. Ademais, o extremo danés xa suma as mesmas asistencias esta tempada (tres en seis encontros) que en toda a pasada (tres en 30).

 

o Tres do cinco goles que marcou o danés na liga foron a equipos cataláns (dous ao Espanyol e un ao Barcelona).

 

o Na pasada xornada, o xerundense converteuse no primeiro conxunto na Liga que encaixa dous goles en propia porta nun mesmo partido desde o Villarreal en 2014 (precisamente os dous ante o Barça).

 

o O Celta é o equipo que máis puntos perdeu nesta Liga despois de ir por diante no marcador (8 puntos).

 

o O Girona marcou todos os seus goles nesta Liga na primeira metade de partido (3).

Leave a Reply

ten + three =