Primeiro Equipo

A previa en 10 datos: Espanyol-Celta

RC Celta

sisto_celta_espanyol_balaidos_liga_2016_2017.jpg

Tras estrear o rexistro de vitorias desta tempada ante o Alavés, o RC Celta afronta a cuarta xornada de LaLiga no campo do Espanyol (21:00, Gol) co obxectivo de sumar o primeiros tres puntos lonxe de casa. Repasamos con dez datos clave este choque, o primeiro dunha intensa semana na que os de Unzué disputan tres encontros.

 

1. O Celta non perdeu ningún dos últimos 5 encontros ante o Espanyol en Liga (3V, 2E).

 

2. A última derrota do Celta ante o Espanyol foi en xaneiro de 2015 (1-0).

 

3. O Espanyol suma catro encontros consecutivos sen marcar como locais. En toda a súa historia, nunca estivo cinco seguidos sen anotar no seu estadio en Liga.

 

4. O Espanyol perdeu o seu últimos catro partidos en casa en Liga e pode igualar a peor serie como local de toda a súa historia na máxima categoría (cinco no antigo Sarriá en 1993).

 

5. O Celta leva catro derrotas consecutivas como visitante en Liga.

 

6. O Espanyol é o equipo que máis cartóns amarelos recibiu na presente tempada (12).

 

7. Pau López, porteiro do Espanyol, é o que máis paradas realizou nesta tempada (14).

 

8. Iago Aspas marcou catro goles no seu sete encontros contra o Espanyol en Liga (os mesmos que ante a Real Sociedade). Só ao Granada (6) marcoulle máis na máxima categoría.

 

9. Iago Aspas leva tres tempadas consecutivas marcando ao Espanyol. Na 2015/16 co Sevilla no Sánchez Pizjuán (1 gol), na 2016/17 co Celta en Balaídos (1) e no RCDE Stadium (1), e na 2017/18 de novo co Celta en Balaídos (1).

 

10. Pione Sisto marcou o seu primeiro gol en Primeira División no RCDE Stadium, a tempada pasada. O Celta venceu sobre a bucina cun auténtico golazo do danés e outro belo tanto do italiano Giuseppe Rossi (0-2).

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas