A previa en dez datos: Celta-Sevilla

  • O Celta leva tres partidos ligas sen lograr a vitoria (2E 1D), baixo a tutela de Juan Carlos Unzué nunca estivo o conxunto galego sen gañar catro partidos seguidos.
  • O Celta empatou os seus dous últimos partidos ligas de maneira consecutiva. Non empata tres seguidos desde Maio de 2015.
  • O conxunto andaluz gañou o últimos tres enfrontamentos ante o conxunto olívico na máxima categoría. Non gaña catro seguidos desde Abril de 1993.
  • O equipo galego está sen vitorias ante o Sevilla, en Balaídos, no últimos tres partidos disputados na liga (2E 1D), con todo nunca na historia deste enfrontamento sucedeu en catro partidos seguidos.
  • O Sevilla leva tres choques ligueiros sen coñecer a vitoria (1E 2D), encaixando dous goles en cada un destes partidos, a peor serie do equipo nervionense desde a chegada de Montella.
  • O Celta é o equipo que máis puntos perdeu tras encaixar gol nos últimos 10 minutos de partido na liga esta tempada (oito).
  • No partido da pasada xornada fronte ao Barcelona, Luís Muriel rematou en oito ocasiones, máis que ningún xogador do Sevilla nun partido desta Liga.
  • Iago Aspas marcou dous goles ao Sevilla na liga, os dous desde o punto de penalti. A ningún equipo marcoulle máis tantos desde os 11 metros na competición que ao seu ex-equipo (mesmos que fronte ao Valladolid e Real Sociedad).
  • Franco Vázquez participou directamente en catro goles no seu últimos sete partidos na liga (dous goles e dúas asistencias), só nun menos que nos seus anteriores 16 encontros na competición (dous goles e tres asistencias).
  • Sergio Rico só parou o 57,6% dos remates a portaría que recibiu na liga esta tempada (55 de 92), a porcentaxe máis baixa dun porteiro tras Rubén Martínez (55,8% – +10 partidos xogados).

Datos facilitados por opta