A Sede abre as súas portas para que a afección vexa unida o partido ante a SD Huesca

O RC Celta afronta este mércores ás 20.30 horas outro partido vital ante a SD Huesca. O equipo celeste quere dar continuidade á súa vitoria do pasado sábado ante o Villarreal contra un rival directo e escalar así posicións na clasificación.

Para que os afeccionados poidan vivir unidos este importante encontro de LaLiga, A Sede abrirá as súas portas con senllas pantallas xigantes na tenda e o Salón Regio. O obxectivo é encher ambos espazos e enviar enerxía ao equipo desde a distancia.

A entrada para ambas estancias será libre ata completar aforo. Aqueles que queiran acceder ao Salón Rexio, onde haberá servicio de barra, poderán facelo a partir das 20.00 horas.