A Sede acolle a presentación de Araujo este venres pola tarde

Néstor Araujo, novo defensa do RC Celta, será presentado como xogador celeste este venres 6 de xullo ás 18:00 na sede social do club. O ‘Salón Regio’ da Sede acollerá a rolda de prensa de presentación, de acceso exclusivo para medios de comunicación. Ao termo da súa primeira comparecencia en Vigo, o internacional mexicano acudirá á tenda do edificio céltico, situado na Rúa do Príncipe, para atender a todos os afeccionados que acudan a coñecerlle.

A presentación de Araujo coincide no intermedio da xornada mundialista, que pode seguirse no Gambeta Gastrobar de A Sede: ás 16:00 Uruguai-Francia, sobre as 18:30 firma de autógrafos de Araujo e ás 20:00 Brasil-Bélxica.