A Sede, escenario da presentación de Okay o luns pola tarde

O centrocampista Okay Yokuslu será presentado este luns ás 17:00 en A Sede como novo xogador do RC Celta. O futbolista turco atenderá aos medios de comunicación no ‘Salón Regio’ da sede social do club e, ao redor das 17:30, baixará á tenda céltica na Rúa do Príncipe para atender aos afeccionados que acudan a coñecerlle.

A rolda de prensa do xogador poderá seguirse en directo con Celta Media en www.facebook.com/rccelta.