A segunda semana de agosto saen á venda as entradas para o partido ante o Real Madrid

A segunda semana de agosto sairán á venda as entradas para o primeiro partido de LaLiga ante o Real Madrid, que se celebrará o sábado 17 de agosto ás 17.00 horas. Os prezos para presenciar o encontro oscilan entre os 70 e 110 euros en categoría adulto e 50 e 80 euros en categoría Sub-25.

A data escollida polo club para a súa posta á venda chega co fin de non prexudicar ás case 1.500 persoas anotadas na lista de espera de novas altas e que poderán xestionar o seu abono a partir do próximo 1 de agosto, co que disporán de varios días para escoller a mellor localidade posible.

Os abonados que non tramitasen a súa renovación antes do venres 19 de xullo perderán o seu asento e non poderán tramitala de novo até o 19 de agosto, dous días despois do encontro ante o Real Madrid e data na que comenza a segunda fase da campaña de abonados. O club convida a todos aqueles socios que están pendentes de renovar o seu carné a que o fagan antes do venres en istovaidecorazon.com para poder presenciar o partido ante o conxunto branco.