A Selección Chilena convocou ao xuvenil Franco Lobos

O xuvenil celeste Franco Lobos (Santiago de Chile, 1999) uniuse á expedición da Selección Chilena Sub-19, que viaxa este luns á cidade paraguaia de Asunción para disputar o cuadrangular internacional preolímpico Sport For Tomorrow Sub-21.

A nova escuadra chilena enfrontarase entre os días 21 e 25 de marzo aos combinados Sub-21 de Paraguai, Venezuela e Xapón no Estadio Defensores del Chaco.

Lobos foi o gran protagonista do derbi galego que o Celta e o Deportivo de División de Honra disputaron o pasado domingo na Madroa. Os coruñeses adiantáronse no marcador na primeira parte e, tras a continuación, os celestes lograron darlle a volta ao marcador con dúas dianas de Franco Lobos, o primeiro deles un auténtico golazo pola escuadra.