A selección española sub-19 convoca a tres canteiráns celestes

David_Costas_-_Santi_Mina.jpg

Yelko Pino, David Costas e Santi Mina participarán no Torneo de L’Alculdia

 

Os canteiráns celestes Yelko Pino (1996), David Costas (1995) e Santi Mina (1995) foron convocados pola selección española sub-19 para participar no XXX Torneo de L’Alculdia, que se celebrará na localidade valenciana do 10 ao 21 de agosto.

 

O Celta convértese no segundo club (xunto a Atlético de Madrid, FC Barcelona e Real Madrid) que máis xogadores aporta ao combinado nacional sub-19, só por detrás do Athletic Club de Bilbao, con catro futbolistas convocados para o torneo internacional.

 

Yelko_Pino_-_Madinda.jpg

 

España debutará no campionato o luns 12 de agosto ante Arabia Saudita (23:00h) e medirase a Qatar, Australia e México nos seguintes días. As semifinais xogaríanse o luns 19 de agosto e a final o 21 do mesmo mes.

 

O proxecto de canteira do Real Club Celta non só está a nutrir de xogadores ao primeiro equipo céltico, senón que continuamente achega novos valores ás categorías inferiores da Selección Española, un referendo máis á decidida aposta do club polo fútbol base.

 

GRUPO A

España, México, Qatar, Arabia Saudita, Australia

GRUPO B

Argentina, Japón, Bulgaria, Bielorrusia, Canadá

 

12.08.2013

23.00h España-Arabia Saudita

14.08.2013

22.45h Qatar-España

16.08.2013

22.45h España-Australia

18.08.2013

21.00h México-España

 

*Fotografías: Diego Pérez

Leave a Reply

12 + one =