A SS Lazio vence no XXIV Trofeo Memorial Quinocho (1-2)

O RC Celta non puido coa SS Lazio no XXIV Memorial Quinocho, disputado no estadio Abanca Balaídos. O conxunto italiano adiantouse nada máis comezar o encontro, cun tanto de Immobile. Os de Escribá, con moita calidade de mediocampo cara arriba, tentaron lograr a igualada, pero foi de novo o conxunto romano e Immobile os que golpearon. No minuto 25, o dianteiro italiano aumentaba a vantaxe visitante no marcador.

Os esforzos celestes tiveron recompensa a poucos minutos do descanso. Fran Beltrán recibiu un balón solto ao bordo da área e golpeou o balón ao fondo da rede. As distancias recortábanse xusto antes do intermedio. No segundo tempo o RC Celta perseguiu o empate con afán. Escribá refrescou o equipo coa entrada de recambios e o conxunto celeste loitou até o último minuto. Non chegou o segundo tanto vigués e a Lazio fíxose co trofeo, homenaxe ao eterno Joaquín Fernández “Quinocho”. Cristina Fernández, filla do ex xogador e xerente celeste, o vicepresidente Ricardo Barros e o conselleiro Primitivo Ferro foron os encargados de entregar os trofeos.

 

FICHA TÉCNICA

1-RC Celta: Rubén, Kevin, Costas, Aidoo, Olaza, Beltrán, Lobotka, Brais Méndez, Denis Suárez, Iago Aspas, Lauti. También jugaron: Araujo, Sáenz, Dani Molina, Iker Losada, Sisto, Bermejo.

2-Lazio: Strakosha, Vavro, Acerbi, Radu, Leiva, Lazzari, Parolo, Luis Alberto, Jony, Correa, Immobile.

Goles: Immobile (0-1, min.7); Immobile (0-2, min.25); Beltrán (1-2, min.38).

Campo: Abanca Balaídos

Observacións: antes do partido presentouse ao plantel e corpo técnico do RC Celta 2019/20. No descanso, os equipos de categorías inferiores e o Celta Integra desfilaron ante a afección. Ademais, Iago Aspas recibiu de mans de Rafael Louzán a Medalla de Ouro ao Mérito Deportivo da Federación Galega de Fútbol.