A Sub-19 convoca ao canteirán Riki Mangana

Riki Mangana (Caracas, 1999), lateral do Celta B, entra na nómina de canteiráns celestes internacionais coa súa primeira convocatoria coa Selección Española Sub-19. O seleccionador Luís de la Fuente deu a coñecer este martes a lista de 22 futbolistas cos que adestrará durante tres días na Cidade Deportiva de Las Rozas a partir do luns 23 de outubro.

A canteira celeste non deixa de nutrir cos seus xogadores a todas as categorías inferiores da Selección Española, sen dúbida un apoio ao sólido e intenso traballo que tempada tras tempada realizan o RC Celta e a Fundación Celta.