A Sub-21 clasifícase ao próximo Europeo no debut do céltico Brais Méndez

O centrocampista celeste Brais Méndez debutou coa Selección Española Sub-21 na vitoria por 3 a 0 ante Albania que asegurou a clasificación do combinado nacional ao próximo Europeo. Brais accedeu ao terreo de xogo no minuto 79 en substitución de Carlos Soler.