A tenda do RC Celta celebra San Valentín con descontos especiais

A tenda oficial do RC Celta celebra o Día dos Namorados con descontos do 20%, acumulables ao 10% do carné de abonados, en produtos oficiais de adidas. Os pantalóns longo e curto de adestramento, o polo de paseo e a mochila de paseo estarán dispoñibles a un prezo especial do 10 ao 14 de febreiro tanto na tenda de Balaídos como en shop.rccelta.es

O establecemento do estadio permanece aberto habitualmente de luns a sábado en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas. O domingo 11 de febreiro, día do partido de Liga ante o Espanyol, abrirá de 16:15 a 18:30 e de 20:30 a 21:00.