iago-aspas-tienda-sede-2018.jpg
Celtismo

A tenda do RC Celta en A Sede inaugura un novo espazo con Iago Aspas como protagonista

RC Celta

Xornada de posta de longo en A Sede. Á reapertura de Gambeta, cunha nova e atractiva proposta, este venres únese a inauguración dun novo espazo na tenda oficial do RC Celta. Na parte inferior do actual establecemento habilitouse unha nova zona que estará dedicada en exclusiva a adidas e a roupa oficial do club.

Ademais, ás diversas marcas xa consolidadas na tenda celeste súmaselle a prestixiosa firma Pepe Jeans, que ofrecerá unha completa oferta do seu catálogo para neno, muller e home. Nas próximas semanas o espazo multimarca da tenda de A Sede  enriquecerase aínda máis coa chegada de novas firmas que ampliarán e diversificarán aínda máis a extensa oferta existente.

Con motivo desta inauguración haberá diversas actividades e sorpresas e un invitado moi especial: Iago Aspas. O canteirán estará a partir das 18.30 horas neste novo espazo adidas e RC Celta, onde se instalarán os dous trofeos Zarra outorgados ao dianteiro de Moaña como máximo goleador español nas últimas tempadas.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas