A tenda do RC Celta en ABANCA Balaídos pecha por inundacións

A tenda oficial do Real Club Celta en ABANCA Balaídos permanecerá pechada durante a mañá de hoxe por mor das inundacións rexistradas no estadio polas fortes choivas caídas nas últimas horas. A previsión é que a tenda celeste poida reabrir ao longo da tarde. Os afeccionados dispoñen da tenda oficial de A Sede, na rúa Príncipe, para realizar as súas compras.