Á venda as entradas do RC Celta – CD Tenerife do martes en Melgaço

O RC Celta afronta este martes o seu cuarto compromiso de pretemporada ante o CD Tenerife. Ata a data, a preparación é inmellorable con vitorias ante CD Lugo (3-0), Lille (1-0) e Unión Berlín (3-0). O club puxo á venda a un prezo de 10 euros as entradas para os afeccionados que queiran asistir ao partido de mañá martes 6 de agosto en Melgaço (20.00 hora española). En total, son 1.600 localidades que se poden adquirir AQUÍ. O encontro será retransmitido en directo por Celta Media.