juvenilaa.jpg
A Canteira

Á venda as entradas para a Copa de Campións Xuvenil

RC Celta

As instalacións da Madroa e o Estadio ABANCA Balaídos acollen entre o 6 e o 11 de maio a Copa de Campións de División de Honra Xuvenil, competición que organiza o RC Celta como flamante vencedor do Grupo I do Campionato de Liga desta categoría.

Os afeccionados que queiran gozar dos encontros xa teñen á súa disposición as entradas para os cuartos de final, que se disputarán o vindeiro luns na Madroa. Os prezos dos boletos, tanto para a sesión matinal, que inclúe os partidos RC Celta – CD Tenerife e Atlético de Madrid – Real Zaragoza, como para a sesión vespertina, cos encontros Vilarreal CF – CD Numancia e Real Madrid – Sevilla FC, son a 10 euros e están dispoñibles nos seguintes enlaces (sesión matinal e sesión vespertina). Ademais, estarán á venda nos despachos de billetes de ABANCA Balaídos este venres en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas e o sábado desde as 10:00 até as 20.45 horas.

A maiores, este venres poranse á venda, a un prezo de 10 euros, as entradas para cada unha das semifinais que se disputarán en ABANCA Balaídos o mércores 8 de maio, e a 15 euros as entradas da final que se disputará no estadio o sábado 11 de maio.

 

ENTRADAS SESIÓN MATINAL

document.write(unescape( ‘%3Cscript’ ) + ‘ src=’http’ + (‘https:’ == document.location.protocol ? ‘s’ : ”) + ‘://services.codeeta.com/script/v3/74865?’ ‘ + unescape( ‘type=’text/javascript’%3E%3C/script%3E’ ));

 

ENTRADAS SESIÓN TARDE

document.write(unescape( ‘%3Cscript’ ) + ‘ src=’http’ + (‘https:’ == document.location.protocol ? ‘s’ : ”) + ‘://services.codeeta.com/script/v3/74866?’ ‘ + unescape( ‘type=’text/javascript’%3E%3C/script%3E’ ));

RC Celta

Etiquetas

A Canteira A Canteira A Canteira Novas canteira Novas canteira Novas canteira

Noticias recomendadas