Á venda as entradas para o Celta-Alavés da X3

jonny-celala-020217.jpg

LaLiga volve a Balaídos o vindeiro domingo 10 de setembro tras a semana de parón de seleccións. O Celta recibe ás 18:30 no estadio vigués ao Deportivo Alavés, rival dos celestes na semifinal copeira da tempada pasada, co obxectivo de sumar o primeiros tres puntos da tempada.

 

O prezo das entradas mantense respecto da primeira xornada, cun custo entre 20 e 50 euros en categoría ADULTO e de entre 15 e 30 en categoría SUB-25.

 

Os despachos de billetes de Balaídos permanecen abertas de luns a venres en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas, mentres que o día de partido despacharán billetes desde as 10 ata o inicio do choque sen interrumpción. As entradas poden adquirirse vía online en www.rccelta.es/taquillaCelta 

precios_celta_alaves_2017_2018.jpg

Leave a Reply

11 + ten =