Á venda este martes as entradas para o partido de pretempada ante o CD Lugo

Este martes ponse á venda as entradas para o partido que enfrontará a RC Celta e CD Lugo o vindeiro sábado. As localidades, que teñen un prezo de 15 euros para Tribuna e 10 euros para o resto de bancadas, pódense adquirir na cantina do campo de Baltar (Portonovo) en horario de 09.00 a 21.00.

Ademais, as entradas para o partido do sábado 27 entre RC Celta e Lille en Vilagarcía tamén están á venda a un prezo de 20 euros. Pódense adquirir na Oficina Arosa (10:00 – 12:00 y de 19:00 – 21:00), Ofimática Arosa (10:00 – 13:00 y de 16:00 – 20:00), Casa Samuel -Vilanoviña- (08:00 a 23:00) e Insuiña -A Baldosa- (09:00 a 23:00).