grito-celebracion-abrazo-junior-alonso-balaidos-celta-real-sociedad-copa-rey-2018-2019.jpg
Primeiro Equipo

Á venda desde 10 euros as entradas para o vital partido contra o Huesca

RC Celta

O fútbol regresa este sábado a ABANCA Balaídos tres semanas despois do último encontro do RC Celta como local. O conxunto celeste recibe á Sociedade Deportiva Huesca o 1 de decembro ás 13.00 horas con precios que oscilan entre os 10 e os 30 euros. É un partido de especial importancia para os celestes, que necesitan gañar para escalar posicións na táboa e aumentar a súa confianza. O apoio da afección será clave para alcanzar eses obxectivos e relanzar a un equipo que recentemente comeza unha nova etapa.

As entradas estarán á venda nas taquillas do estadio de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas e o sábado, día de partido, desde as 10:00 ata o inicio do partido. Tamén se poden adquirir online en tickets.rccelta.es 

Ademáis, este sábado arranca a campaña de recollida de xoguetes e alimentos ‘Celeste Solidario’ impulsada pola Fundación Celta de Vigo. A súa entrega pode realizarse na entrada do Museo de 11.30 a 13:00 horas.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas