A Vigo Cup comeza este luns con tres equipos do Celta entre os participantes

canteiraceleste1617.JPG

A Vigo Cup, o xa tradicional torneo estival vigués de categorías inferiores, arrincou este luns con tres equipos do RC Celta entre os seus participantes: Alevín A (Sub-12), Benjamín A (Sub-10) e Benjamín B (Sub-10). Os celestes bucarán revalidar os títulos Sub-12 e Sub-10 que se adxudicaron na edición do ano pasado.

 

Para iso, o Alevín A deberá superar ao Sárdoma, Coya e Santa Mariña na fase de grupos, o Benjamín Á o Areosa, Santa Mariña e Coya e o Benjamín B ao Desportivo de Monçao, Vitoria e AlertaNavia. Os horarios e toda a información do torneo está dispoñible na web www.vigocup.com/es

Leave a Reply

1 + 14 =