Abanca Balaídos recibirá ao Athletic Club nun venres

LaLiga confirmou os horarios correspondentes á xornada 8 de Primeira División, na que o RC Celta recibe ao Athletic Club. Abanca Balaídos será o escenario do próximo duelo entre galegos e vascos o venres 4 de outubro ás 21:00.