Aberta a inscrición para os clinics de Semana Santa da Fundación Celta

Xa é posible inscribirse nos clinics de Semana Santa que cada ano organiza a Fundación Celta de Vigo. Este ano, a actividade se ampla cun variado catálogo de sedes para que os celtistas de diferentes puntos de Galicia poidan gozar dun, dous ou até tres días de fútbol da man dos adestradores da canteira celeste. O horario será matinal, de 10 a 14 horas, cun tentempié a media mañá.

En Vigo preséntase unha atractiva novidade pensada co obxectivo de facilitar o desprazamento dos pais á actividade. Os días 26, 27 e/ou 28 de marzo a Fundación Celta de Vigo celebrará os seus clinics no Campo Federativo de Coia, unhas instalacións de gran calidade e de fácil acceso para as familias.

Para participar é necesario acceder á web www.fundacion.rccelta.es. Ademais da sede de Vigo, será posible participar nos clinics nas seguintes sedes:

O PRAZO DE INSCRICIÓN REMATA O MÉRCORES 21 DE MARZO

Sede COIA
26, 27 e/ou 28 de marzo no CAMPO FEDERATIVO DE COIA
O horario é de 10 a 14 horas.
Sede XINZO
26 e/ou 28 de marzo no  CAMPO A MOREIRA
O horario é de 10 a 14 horas.
Sede CAMBADOS
26, 27 e/ou 28 de marzo no CAMPO O POMBAL
O horario é de 10 a 14 horas.
Sede CHAPELA
26, 27 e/ou 28 de marzo no CAMPO A PARADA
O horario é de 10 a 14 horas.
Sede PABELLÓN OURENSE
26, 27 e/ou 28 de marzo no CAMPO OS REMEDIOS
O horario é de 10 a 14 horas.
Sede CACHEIRAS
27 de marzo no  CAMPO CACHEIRAS
O horario é de 10 a 14 horas.

Sede SOUTOMAIOR
26, 27 e/ou 28 de marzo no CM SALGUEIRÓN (ARCADE)
O horario é de 10 a 14 horas.

 

Leave a Reply

three × two =