Audiovisual

‘Abrindo Portas’ no corazón de Vigo: a sede do RC Celta será realidade o 17 de marzo

RC Celta

O RC Celta, a súa afección e a cidade vivirán durante o próximo mes de marzo un acontecemento histórico, a inauguración da nova sede social do club, situada na rúa do Príncipe, no corazón da Vigo, nun emblemático inmoble que se converterá na casa do celtismo. Este evento terá lugar o día 17 do próximo mes de marzo, unha data que sen dúbida pasará á historia do club, xa que a nova sede social é un dos grandes alicerces do proxecto de futuro da entidade e á vez un poderoso impulso ao presente.

A sede, elemento dinamizador para a cidade e aglutinador para o celtismo, terá unha identidade propia, que queda reflectida na campaña ‘abrindo portas’, lanzada hoxe polo RC Celta para transmitirlle ao celtismo e á cidadanía a esencia dunha sede que será un punto de encontro para todos, non só pola súa privilexiada localización, senón pola actividade cultural, comercial e de lecer que propón.

Será a vangarda dunha nova proposta de negocio global e aberta, que creará novos camiños no mundo do deporte e forxará unha relación coa cidadanía ata agora non explorada. Nos seus máis de 3.000 metros cadrados, afeccionados e cidadáns gozarán da tenda do club, un moderno gastrobar, rexentado pola Pebida, o salón rexio orixinal, unha clínica do deporte e o restaurante Silabario, con marabillosas vistas á ría. Haberá demais unha residencia para os xogadores das categorías inferiores e as oficinas da entidade.

A sede social celeste terá a súa propia identidade, coa marca A Sede, e unha web específica, www.asede.rccelta.es, onde se ofrecerá unha completa información sobre a actividade cultural, comercial e de lecer. Ademais A Sede disporá dunhas redes sociais propias co fin de facerlles chegar a cidadáns e afeccionados toda esta información de maneira inmediata e dinámica.

O club continuará ademais durante os próximos días ampliando os detalles tanto do funcionamento das distintas propostas comerciais da sede como do acto de inauguración.

RC Celta

Etiquetas

Audiovisual Celta media Celta media Celta media Celtismo Novas club O Club Fanzone Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas