Acordo co Espanyol para o traspaso de Borja Iglesias polo valor da súa cláusula

O RC Celta e o RCD Espanyol chegaron a un acordo para o traspaso dos dereitos federativos do dianteiro Borja Iglesias polo valor da súa cláusula de rescisión. O club desexa expresar o seu máximo agradecemento ao xogador pola súa profesionalidade, esforzo, compromiso e entrega durante a súa etapa como celeste e desexarlle un futuro cheo de éxitos no persoal e o deportivo. Sorte Borja!