Hemeroteca club

Acordo de colaboración entre o Real Club Celta de Vigo e Qualianza

RC Celta

pascual-celta.jpg

Significa a distribución de Caffè Mocay e outros produtos ‘Calidad Pascual’ en diversos ámbitos do club

 

O Real Club Celta de Vigo S.A.D. e Qualianza Servizos Integrais de Distribución S.L.U., empresa de distribución de ‘Calidad Pascual’, asinaron hoxe un acordo de colaboración para a distribución de Caffè Mocay en diversos ámbitos do club vigués, entre eles o novo comedor do primeiro equipo, situado nas instalacións deportivas da Madroa.

Entre os produtos de ‘Calidad Pascual’ que os xogadores celestes teñen desde agora á súa disposición no comedor da Madroa, no que os futbolistas comparten almorzo cada día, figuran leite, cereais, manteiga, diversos derivados lácteos, aos que se suma toda a ampla gama de Caffè Mocay.

Algúns dos produtos distribuídos por Qualianza tamén estarán presentes nos palcos de Balaídos e na zona de empresas do estadio celeste.

O Real Club Celta de Vigo quere expresar a súa gran satisfacción por este acordo cunha empresa do prestixio e capacidade de desenvolvemento como é Qualianza.

O acordo foi asinado esta mañá polo director xeral do Real Club Celta de Vigo, Antonio Chaves, e Javier Ribera, director de Rede Capilar e Distribución de ‘Calidad Pascual’, quen afirmou que “esta é unha boa noticia, que reforza a presenza dos nosos produtos en Vigo e, en especial Caffè Mocay”. Ribera destacou “a importancia e representatividade unha institución tan histórica como o Celta de Vigo”.

Qualianza

Qualianza Servizos Integrais de Distribución S.L.U. é unha sociedade da que ‘Calidad Pascual S.A.U.’ é propietario ao cento por cento e accionista único, e na que se integran a maior parte das persoas que actualmente compoñen a rede comercial de Pascual co obxectivo de realizar a distribución de todo o portfolio de produtos desta compañía.

 

Qualianza xestiona ademais os acordos de distribución subscritos por ‘Calidad Pascual’ con Heinz, Kellogg´s, Farggi, Unicer (Pedras Salgadas) e Nutrexpa nas canles de hostalaría e alimentación tradicional, conveniencia, vending, office coffee service (OCS) e industriais.

A nova compañía, cun persoal de máis de 500 persoas, opera a nivel nacional a través das súas 27 delegacións, situadas nas provincias de Madrid, Barcelona, Valencia, Sevilla, Biscaia, Zaragoza, Málaga, Cádiz, Guipúzcoa, Burgos, Girona, Tarragona, Valladolid, Alacante, Murcia, A Coruña, Pontevedra, Asturias, Santander, Navarra, León, Córdoba, Granada, Almería, Mallorca, Tenerife e Gran Canaria.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas