Acordo de colaboración entre RC Celta e a Clínica Arthros para o uso de tecnoloxía avanzada

convenio.jpg

 

Tanto os xogadores celestes, como os usuarios da Clínica do Deporte que se instalará na sede social do RC Celta, na rúa do Príncipe, terán á súa disposición uno dos sistemas terapéuticos máis sofisticados na recuperación de lesións do aparello locomotor, o Tapiz Rodante Anti-Gravidade Alter-G, ademais doutros de última tecnoloxía para un completo protocolo de recuperación.

 

O club e a Clínica Arthros, do Doutor Otero Vich, alcanzaron un acordo para que o RC Celta poida gozar desta excepcional tecnoloxía deseñada pola NASA e que xa ha que utilizado futbolistas como Andreu Fontás, Beavue ou Planas. Este acordo foi presentado esta tarde polo presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, o xefe dos servizos médicos do club, Juan José García Cota, e o doutor Otero Vich, propietario da clínica Arthros.

 

O Tapiz Anti-Gravidade Alter-G permite reducir o peso da persoa entre un 20% e un 80% da súa masa corporal, diminuíndo a forza de impacto das pernas co chan e atenuando considerablemente o sufrimento dos músculos e articulacións situadas por baixo da cintura. Trátase dunha tecnoloxía de última xeración que foi utilizada con éxito na recuperación de lesións de deportistas de elite como Rafa Nadal ou Pau Gasol.

Leave a Reply

20 − nine =