Acto de agradecemento ao colexio Los Sauces

Na mañá de hoxe na Sede do RC Celta tivo lugar un acto de agradecemento ao Colexio Los Sauces pola súa colaboración coa Fundación e a participación na formación dos mozos da Canteira.

O director da Fundación D. Germán Arteta fixo entrega de dúas camisetas enmarcadas como recoñecemento a este labor a D. Alberto Álvarez director Los Sauces Vigo, D. Manuel Casal director Los Sauces Pontevedra e D. José Antonio Rois subdirector xeral da institución educativa.