3.jpg
Fundación

Acto de agradecemento ás familias de acollida aos rapaces do programa Wanda durante o pasado Nadal

RC Celta

Este sábado, con motivo do partido disputado entre RC Celta e Valencia CF, a Fundación Celta organizou un acto de agradecemento ás familias dos nosos mozos xogadores de categorías inferiores por acoller aos xogadores de orixe chinesa procedentes do Programa Wanda durante as datas do Nadal.

Recibiuse ás familias na Sala Túnel, situada baixo o palco de autoridades, onde gozaron dun catering e tamén da experiencia de ver o quecemento previo ao partido a pé de campo.

O Presidente Carlos Mouriño felicitoulles polo seu apoio e xenerosidade xunto ao Director da Fundación, Germán Arteta nun acto emotivo e que, seguro, seguirá levándose a cabo tras a súa boa acollida.

Tras isto, as familias dirixíronse á bancada de Tribuna Alta para presenciar o partido e gozar do encontro.

 

 

 

RC Celta

Etiquetas

Escuelas Escuelas Fundación Hemeroteca fundación Noticias fundación Fundación Fundación Hemeroteca fundación Hemeroteca fundación Noticias fundación Noticias fundación Escuelas

Noticias recomendadas