Adrián Cuevas, novo xogador do Celta B

escudo-650x370.jpg

 

O centrocampista Adrián Cuevas, procedente do Hércules CF, chega ao RC Celta para reforzar o filial. O xogador será celeste até xuño de 2020.

 

Adrián Cuevas (Jerez de la Frontera, 1990) formouse nas categorías inferiores do Xerez CD, chegando a debutar co primeiro equipo na 2010/11. Nas seguintes tempadas o futbolista andaluz vestiu as camisetas de Valencia B, San Fernando, Córdoba B, Nástic e Hércules.

 

Mediocentro de carácter ofensivo, Cuevas caracterízase polo seu potente xogo aéreo e sacrificio en defensa.

Leave a Reply

4 + 16 =