Adrián Rodríguez e Iago Martínez desvincúlanse do RC Celta

O dianteiro Adrián Rodríguez e o defensa Iago Martínez non continuarán no filial do RC Celta tras desvincularse da entidade celeste. O club desexa trasladar a ambos os xogadores o seu máis sincero agradecemento polo seu comportamento, entrega e profesionalidade durante o tempo no que defenderon o escudo do RC Celta, así como desexarlles o maior dos éxitos nos seus próximos retos.