bilbao.jpg
Celtismo

Agradecemento ao celtismo presente en San Mamés e á afección do Athletic

RC Celta

O xogo e o resultado non acompañaron, pero ao RC Celta non lle faltou alento, apoio e empuxe desde a bancada de San Mamés.  Unha viaxe longa, cargada de sacrificios, un retorno duro e un comportamento admirable. Os centos de afeccionados que acompañaron ao equipo a Bilbao definen ao celtismo: apoio incondicional, agarimo inmenso, fe… afouteza.

O RC Celta quere agradecerlles o seu esforzo, o seu compromiso, o seu apoio e o seu exemplar comportamento nun partido que inducía á tristeza e á decepción, pero que no celtismo desprazado a Bilbao só atopou alento e comprensión. Unha vez máis, grazas.

O club quere ademais facer extensible a súa gratitude á afección do Athletic Club polo seu comportamento señorial en todo momento e polo agarimo mostrado tanto ao RC Celta coma ao celtismo presente en San Mamés.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas