Agus Medina, reforzo versátil para o Celta B

agusmedinasabadell

 

O RC Celta pechou a fichaxe dun novo reforzo para o seu equipo filial. Agus Medina chega a Vigo procedente da CE Sabadell FC, conxunto da 2ª División B. O futbolista, caracterizado pola súa enorme polivalencia, será celeste as próximas dúas tempadas con opción a outras dúas.

 

Agus Medina (Barcelona, 1994) formouse nas categorías inferiores da Valencia CF, onde chegou a ser capitán do equipo Xuvenil de División de Honra. No 2013 fichou pola CE Sabadell FC. O seu gran rendemento no filial levoulle a debutar co primeiro equipo en Segunda División en 2014 e a facerse cun posto fixo no plantel.

 

Xogador de banda, destro, hábil co balón, con bo xogo aéreo e gran criterio táctico, destaca sobre todo pola súa polivalencia e por ser un futbolista de equipo.

Leave a Reply

7 + eight =