Alende, Cheikh e Villar superan un novo corte de Fútbol Draft

futboldraft251016.JPG

Os canteiráns celestes Diego Alende, Iván Villar e Pape Cheikh mantéñense na carreira por formar parte dos onces finais de Fútbol Draft 2016. O terceiro comité técnico reduciu a lista de candidatos de 77 a 55 xogadores que aspiran a ser galardoados como os mellores canteiráns de España.

 

Os tres futbolistas celestes callaron unha moi boa tempada o pasado ano e esta campaña están a traballar co primeiro equipo habitualmente, ademais de realizar a pretemporada baixo as ordes de Eduardo Berizzo. Con Alende, Villar e Cheikh o RC Celta consolida a súa presenza nestes prestixiosos premios, que en pasadas edicións tiveron como protagonistas a canteiráns como Jonny, Rubén Blanco ou David Costas, agora membros do primeiro plantel.

 

A firme aposta do club vigués polo fútbol base continúa recibindo recoñecementos que referendan o traballo diario de canteiráns, adestradores, Fundación e RC Celta, así como o apoio incondicional da afección ao proxecto deportivo celeste.

 

Consulta a lista completa de aspirantes aquí.

Leave a Reply

three + 8 =