Hemeroteca canteira

Alende, Villar e Pape seleccionados por Fútbol Draft

RC Celta

Diego_Pape_Iván.jpg

p>

 

Os canteiráns celestes Diego Alede, Iván Villar e Pape Cheikh foron seleccionados polo Comité Técnico de Futbol Draft que se reuniu esta mañá na Cidade do Fútbol de Las Rozas para elixir aos 77 futbolistas que aspirarán a formar parte dos onces de ouro, prata e bronce da canteira do fútbol español en 2016.

 

O guardamenta Iván Villar, que foi convocado en varias ocasións pola selección española sub17 e recentemente coa sub19, callou unha gran tempada como porteiro titular do Celta B con tan só 18 anos. Pola súa banda Diego Alende e Pape Cheikh compaxinaron os seus adestramentos entre Celta B e primeiro equipo, chegando a debutar ambos os en primeira división con 18 anos.

 

O bo facer dos canteiráns celestes ao longo da presente tempada valeulles non só para crecer dentro do club senón para obter o importante recoñecemento de formar parte dunha selecta lista de futbolistas que competirán nos próximos meses por representar ao Celta nos onces de ouro, prata e bronce de Fútbol Draft como así o fixeron outros futbolistas celestes como Jonny, Rubén Branco ou David Costas. A constante presenza nesta prestixiosa selección de futbolistas crecidos na Madroa ratifica, ano tras ano, o gran labor que se segue realizando desde as categorías inferiores do Real Club Celta e confirma que a permanente aposta polo traballo de base é a clave dun proxecto de futuro, sólido e ilusionante.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas