O centrocampista celeste permanecerá de baixa entre dúas e tres semanas
A ecografía realizada esta tarde polos servizos médicos do Real Club Celta ao centrocampista Álex López desvela que o futbolista celeste sofre unha rotura fibrilar de grao I no seu bíceps femoral dereito. O medio centro céltico permanecerá inactivo entre dúas e tres semanas.