ALOXAMENTO

Tes a opción de elixir o teu aloxamento. Ofrecemos alternativas de todas as variedades: hospedaxe nas residencias dos nosos colaboradores, hoteis ou apartamentos.

Residencias

Como colaboradores da Fundación Celta, estas dúas residencias de estudantes acollen durante o ano lectivo aos nosos mozos de categorías inferiores.

– Colexio Los Sauces: É un colexio situado a 10 km da cidade deportiva “A Madroa”. Esta é a residencia que acolle aos nosos xogadores durante o ano lectivo. Adoita ser a residencia habitual para os xogadores novos que contratan os football programs da Fundación Celta.

– Residencia “A  Canteira”: A residencia da canteira inaugurouse en setembro de 2018. Está situada na rúa Príncipe, en pleno centro da cidade, no mesmo edificio que as oficinas principais do RC Celta e a Fundación.

Hoteis

Algúns dos nosos colaboradores son hoteis situados no centro da cidade. Independentemente, se se desexa algo máis específico, nós poderemos atopalo.

  • Gran Hotel Nagari Boutique: Situado na Praza de Compostela, preto da zona portuaria. Inspirador, vangardista, sofisticado. O Gran Hotel Nagari  Boutique & Spa***** foi deseñado conxugando estilo e comodidade, con todos os servizos propios dunhas 5 estrelas inaugurado en 2010. Dedica gran parte das súas instalacións ao uso e goce da zona Spa e outros servizos exclusivos consagrados ao benestar e a revitalización de todos os seus hóspedes.

 

  • NH Collection Vigo: O hotel NH Collection Vigo ten unha localización privilexiada en pleno centro comercial e financeiro da cidade. O casco antigo tamén está moi preto, a pouca distancia andando. Situado na avenida principal da cidade, está moi ben comunicado coa estación de tren a dez minutos andando e preto do acceso á Autoestrada do Atlántico. Trátase dun edificio histórico que data de 1904. As súas habitacións son elegantes e confortables e están equipadas con todo o necesario para que te sintas como na casa. Algunhas tamén teñen balcón que da á avenida principal da cidade. Habitacións elegantes con extras como Wi- Fi gratis e diversas categorías de habitacións para elixir, desde standard a suites.

Apartamentos

Tamén existe a posibilidade de elexir outro tipo de aloxamento. Segundo as súas necesidades nós atopámosllo.