Álvaro Casas desvincúlase do RC Celta

escudogrande.jpg

Únese ás baixas de Óscar Santiago, Javi Rey, Pucheta, Omar e Thaylor no filial

 

O futbolista Álvaro Casas non continuará no Celta B a próxima campaña tras desvincularse do club celeste. A baixa de Casas únese ás de Óscar Santiago, Javi Rei, Omar Santana, Pucheta e Thaylor, xogadores que esta tempada tampouco seguirán no filial céltico.

 

O Real Club Celta desexa transmitir o seu máximo agradecemento a todos eles pola súa profesionalidade, dedicación, entrega e compromiso durante a súa etapa como futbolistas celestes e desexarlles o maior dos éxitos nas súas novas etapas deportivas.

Leave a Reply

five − 4 =