Álvaro Lemos xogará cedido no CD Lugo

Álvaro Lemos, xogador do RC Celta que desde o pasado xullo militaba no Lens en calidade de cedido, abandona a disciplina do conxunto francés para incorporarse ao CD Lugo de Segunda División nunha cesión que finalizará ao termo da presente tempada. O RC Celta desexa a Lemos o maior dos éxitos durante a súa etapa no cadro lucense.