Cartel-web-1.jpg
Hemeroteca

Amosa as túas cores: aberto o prazo para a V Invasión Celeste – Fe Seguros

RC Celta

A quinta edición da esperada carreira popular ‘Invasión Celeste – Fe Seguros’ terá lugar o vindeiro sábado 8 de decembro no estadio de ABANCA Balaídos. Tras o éxito das pasadas edicións, con máis de 1600 participantes de todas as idades, a Fundación Celta aposta un ano máis por un formato de competición aberto a toda a familia xa que o seu atractivo non só chega aos máis maiores, senón que os máis pequenos poden botarse unhas carreiras por esa banda na que cada fin de semana quentan os seus ídolos. Como é xa tradición, a carreira terá inicio e meta no estadio, onde ao longo da mañá haberá un fantástico ambiente festivo con música e actividades para os máis pequenos. Todo iso para facer da ‘Invasión Celeste – Fe Seguros’ unha auténtica festa para o celtismo.

 

CATEGORÍAS

A competición contará con tres categorías diferentes:

7 km para adultos

1km para nenos e nenas entre 2004 e 2011

50 metros, para nenos e nenas nacidos entre 2012 e 2016 que terá lugar no interior do estadio.

Todos os participantes recibirán un completo avituallamiento por parte dos nosos colaboradores.

 

INSCRICIÓNS

Para participar na terceira ‘Invasión Celeste – Fe Seguros deberá realizarse a inscrición na páxina web de Magma Sports ata o 4 de Decembro. Premiamos a túa anticipación con interesantes descontos na inscrición, sendo:

2€ para os Chiquiceltas

5€ para nenos e nenas entre 2004 e 2011

ADULTOS

8€ se te inscribes desde outubro ao 1 de novembro 2018

10€ se te inscribes do 2 ao 20 de novembro 2018

12€ se te inscribes do 20 ao 2 de decembro 2018

INSCRÍBETE AQUÍ

 

 

ADESTRAMENTOS

Nesta edición como novidade contemplamos a posibilidade de que os nosos participantes teñan a opción de adestrarse para a carreira da mellor forma posible xunto aos adestradores do equipo Celta Atletismo os días 24 de novembro e 2 de decembro en horario de 11:00 a 12:30 h no parque de Castrelos (ponte de entrada ao parque).

Realizaranse adestramentos adaptados ás capacidades de quen queira participar neles, coa finalidade de obter a mellor preparación para a carreira e a forma física en xeral.

Contacto: Manuel Martínez Ageitos, [email protected]

 

 

FAMILY DAY, ENTREGA DE DORSAIS 

Realizarase un ‘ Family Day’ previo á carreira, no náutico de Vigo, xunto á escultura do nadador, o vendes 7 de decembro de 16:30 h a 20:00 h, onde poder recoller os dorsais dos participantes, a camiseta técnica e o stick pintacaras para o concurso #InvasiónBinter que consistirá na realización dun selfie coa cara pintada nun photocall deseñado para a ocasión e no que poderás gañar unha viaxe a Tenerife para dúas persoas. Co stick entregaranse as bases do concurso que se poñerá en marcha o día da carreira. Ademais de gozar de inchables, carpas, coches de exposición, música e bandeiras. Ademais, para todos aqueles que cheguen a meta recibirán un completo avituallamiento por parte das empresas colaboradoras no evento.

 

 

 

 

DÍA DA CARREIRA

Os participantes, acompañantes e público en xeral só poderán acceder ao Estadio pola porta 18 (grada de Río Baixo) a partir das 9:30h, donde estarán ubicadas secretaría e consigna onde recoller os dorsais pendentes de entrega. Todos os participantes deberán estar como mínimo media hora antes do inicio da carreira na que participen.

CONSULTA OS HORARIOS E OS PERCORRIDOS AQUÍ.

 

CONCURSO INVASIÓN BINTER

Este ano temos como novedade o concurso #InvasiónBinter que consistirá en:

A realización dunha selfie coa cara pintada coas cores do stick nun photocall deseñado para a ocasión situado na esquina da grada de Río Baixo e a Grada de Gol (entre as 10:30h e 13:00h)

Seguir e etiquetar na foto a @rccelta e @binternt utilizando o hashtag #InvasiónBinter no perfil de INSTAGRAM (non serán válidas as publicacións en ‘Instagram stories’)

Poderás gañar un voo a Tenerife para duas persoas. Consulta as bases AQUÍ.

 

 

O éxito de actividades como a carreira popular ‘Invasión Celeste – Fe Seguros’ referenda a aposta da entidade celeste pola promoción do deporte e os seus valores na sociedade a través de interesantes actividades pensadas para toda a familia e reforza a presenza da Fundación Celta de Vigo como ente dinamizador da sociedade galega.  En definitiva, Invasión Celeste – Fe Seguros está plagada de interesantes novidades e actividades para todos os públicos co obxectivo de facer da carreira un evento deportivo, lúdico, de promoción de hábitos saudables e cheo de celtismo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca Audiovisual Celtismo

Noticias recomendadas