Ampliación do prazo de condicións especiais para a Campaña de Abonados Anual

As novas altas e os abonados anuais que aínda non renovasen o seu carné para o ano 2018 poderán facelo beneficiándose das condicións especiais ata o vindeiro xoves 4 de xaneiro inclusive. Debido á alta demanda e para facilitar a tramitación das altas e renovacións nestas datas, o RC Celta amplía o prazo para obter un desconto do 5% no prezo do abono, ademais de incluír os partidos escollidos como día do club sen necesidade de retirar suplemento. Os abonados que non tramitasen a súa renovación disporán así de 4 días máis para facelo con estas vantaxes.

Lembramos que todas as xestións poden realizarse comodamente a través da web embarcate.rccelta.es ou en Balaídos de luns a venres en horario ininterrompido de 10:00 a 20:00.

Aqueles abonados anuais que non renovasen o seu abono non poderán acceder ao estadio ata que tramiten a renovación. Isto inclúe os partidos ante o FC Barcelona do próximo xoves 4 de xaneiro e o Real Madrid do domingo 7.