andaina.jpg
Noticias cantera

Andaina solidaria contra o cancro infantil

RC Celta

A Fundación Celta de Vigo apoia o evento organizado por Central Radio Taxi en beneficio de ASANOG e Bicos de Papel consistente nunha andaina solidaria contra o cancro infantil o vindeiro domingo 9 de xuño.

O acto partirá ás 11:00 horas da Praza do Concello de Vigo e finalizará no Parque de Castrelos onde se realizarán diversas actividades para os nenos.

A inscrición xa está aberta e pódese realizar na planta 5ª do Corte Inglés de Vigo, na sección de montaña ( en horario de luns a sábado de 10 a 22 horas) e nas oficinas da Cooperativa de Taxis en Avenida Atlántida 16 (en horario de luns a venres de 17:00 a 19:00 horas). Consulta as bases aquí.

 

 

RC Celta

Etiquetas

Fundación Hemeroteca fundación Noticias fundación Fundación Fundación Hemeroteca fundación Hemeroteca fundación Noticias cantera Noticias fundación Noticias cantera Noticias fundación Noticias cantera

Noticias recomendadas