Andaina solidaria en Cambados

O pasado 1 de maio organizouse en Cambados da man da Asociación de Mulleres Rurais de Castrelo  As Saíñas unha Andaina solidaria cuxos beneficios están destinados á Asociación Española Contra o Cancro.

A Fundación Celta apoiou esta iniciativa coa presenza dos xogadores do primeiro equipo Emre Mor e Pione Sisto exerceron de padriños desprazándose ata Cambados nunha camiñada de 12 km polo carreiro do Complexo Intermareal do Umia nunha xornada inesquecible para os participantes.