Andalucía gaña o exitoso Nacional Sub-12 organizado por RC Celta e Futgal

A Madroa puxo fin este domingo a unha exitosa edición do Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub-12 de Fútbol 8, organizado nesta ocasión polo RC Celta e a Federación Galega de Fútbol. Andalucía erixiuse en xusta vencedora do torneo ao vencer na final a Cataluña por catro goles a un. Durante tres días, de venres a domingo, as instalacións deportivas celestes enchéronse de apaixonados polo fútbol de canteira nun evento que destacou tanto pola calidade futbolística como organizativa.

Os asistentes non puideron celebrar con todo o éxito da Selección Galega, caída na fase de grupos tras vencer dous encontros e perder outros tantos. A pesar diso, a entrega e actitude dos alevíns galegos foi unha vez máis motivo de orgullo. O RC Celta quere felicitar a todos os participantes polo seu comportamento ao longo da competición e, especialmente, a todos os membros da organización e patrocinadores que fixeron posible esta espectacular festa do fútbol base.

Máis información en www.futgal.es