Andrew Hjulsager xogará no K.V. Oostende

Andrew Hjulsager xogará a próxima tempada no K.V. Oostende tras o acordo alcanzado entre o RC Celta e o conxunto belga para o traspaso dos dereitos federativos. O club celeste gárdase unha porcentaxe dunha futura venda.

O RC Celta quere agradecer a Hjulsager a súa entrega e profesionalidade durante os dous anos e medio no equipo celeste e desexarlle o maior dos éxitos na súa nova etapa profesional.