“Animar. Empurrar. Axudar. Sumar. Fora diso non hai nada. Sempre cos nosos”

“Animar. Empurrar. Axudar. Sumar. Fora diso non hai nada. Sempre cos nosos”.

“O domingo tócanos a nós!! Coa nosa forza, temos que axudar ao equipo dende fora a sair desta situación”.

“As treboadas non duran eternamente e tras elas sempre regresa o ceo celeste. Alleos aos rumores no vestiario e despachos, o #celtismo temos que, coma en ocasións anteriores, apoiar aos nosos os 90 minutos sobre a herba o vindeiro domingo en Balaídos”.

Son mensaxes emitidas nas últimas horas por peñas celestes como Irmandiños, Carcamáns ou Colectivo Nós. O RC Celta quere agradecer unha vez máis estas sinceras mostras de apoio, que chegan cando o equipo máis as necesita. Non é casualidade.

Estas emblemáticas peñas, como o resto e a afección celeste, son conscientes da forza da bancada de Abanca Balaídos, que se multiplica cando o equipo atravesa dificultades para acabar arrastrando calquera signo de debilidade ou desfalecemento. Esa forza viviuse en plenitude na Nosa Reconquista e, sen dúbida, rexurdirá ante o Getafe para cambiar a dinámica dun equipo repleto de canteiráns e que loita por devolver ao celtismo a ilusión depositada nel.

Unha vez máis, xuntos, equipo e afección, sairemos adiante.