ano-novo-liga-nova-celta-311219.jpg
Celtismo

‘Ano novo, liga nova’: Celta-Osasuna, partido clave con entradas gratis para abonados e bufandas para os nenos

RC Celta

RC Celta-CA Osasuna: partido clave, vital a nivel deportivo e anímico. Un encontro que serve de saúdo ao ano 2020, no que debe arraigar na mente do equipo e da afección unha expresión popular: borrón e conta nova. Atrás debe quedar, totalmente enterrado, un ano 2019 amargo para recibir o 2020 con esperanzas e ilusións renovadas, con ganas, actitude e esperanza: ano novo, liga nova.

O crucial encontro será o domingo 5 de xaneiro ás 21 horas, a noite de reis. O RC Celta solicitou semanas atrás ao Concello, sen resposta algunha, o adianto da tradicional Cabalgata de Reyes para compaxinar dous eventos que congregan a miles de persoas.

É un día especial, pero tamén un partido de enorme importancia. Por iso, o club lanza diversas iniciativas encamiñadas a favorecer a asistencia de seguidores nunha data tan sinalada. Cada abonado celeste poderá retirar de maneira gratuíta unha invitación da bancada que desexe, sempre en función da dispoñibilidade e até esgotar existencias. Este trámite poderá realizarse online na web ticketsabonados.rccelta.es os días 2, desde as 16.00 horas, 3 e 4 de xaneiro. Serán entradas nominativas e unha vez emitidas xa non se poderá cambiar o nome.

Ademais, os primeiros 2.000 nenos menores de 12 anos que accedan ao campo recibirán unha bufanda conmemorativa deste partido de noite de reis (tamaño neno). As entradas para este encontro poderán adquirirse na web tickets.rccelta.es os días 2, desde as 10.00 horas, 3 e 4 de xaneiro. Os prezos oscilan entre os 15 euros de Marcador e Gol en categoría sub-25 e os 50 de Tribuna Alta para adulto.

Nota importante para abonados anuais

Co obxectivo de garantir a entrega do carné de abonado antes do partido RC Celta – CA Osasuna, todos os abonados que queiran asistir a este encontro e que tramitasen a súa alta ou renovación os días 30 ou 31 de decembro deben retirar o seu carné na Oficina de Abonados do Estadio Abanca Balaídos, os días 2 e 3 de xaneiro (10:00 a 14:00 e 17:00 a 20:00), ou o mesmo día de partido, 5 de xaneiro, desde as 10:00 e até as 21:00.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas